viernes, 6 de febrero de 2015

"3 anos despois", de Marta de Aguiar

Durante os meses de febreiro e marzo se pode ver, no Servizo de Radioterapia a exposición "3 anos despois", de Marta de Aguiar, artista angolana residente en Porto.
Tres anos despois de ser operada dun tumor a mostra que nos trae agora é unha retrospectiva do traballo realizado entre os anos 2012 e 2015, como ela dí, “de delicias e tristuras, unha mistura de emocións”. Esta exposición está dentro do proxecto 
“...na espera” do colectivo “arTeu, arte + sociedade”, formado por Xacobe Meléndrez Fassbender e Inma Doval Porto, que procura  novos encontros entre o artista e o seu público. Durante dous meses as obras dos artistas están colgadas nas salas de espera de centros médicos e clínicas para que os doentes podan disfrutalas mentras esperan e deste modo o tempo de espera sexa máis curto e cálido.

"Na espera" leva xa 5 anos de andaina e conta con dous espazos, ademáis do COG, a clínica Aeimá de Santiago de Compostela. Por estas salas xa pasaron moitos pintores, gravadores e fotógrafos, procedentes de distintos países, entre eles Omar Kessel, Ali Ali, Isabel Pintado, Abe Rábade, Lara Pintos, Juan Rúa ou Paz Vicente. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario